Hora de poñer os patíns! Reabrimos

Todos e cada un dos membros da familia Invernalia estivemos esperando o momento de volver vervos. Estamos encantados de anunciar que o vindeiro venres 5 de marzo abriremos a nosa pista de xeo de Santiago de Compostela (Área Central) e ao día seguinte, 6 de marzo, precederemos á reapertura da da Coruña ( Marineda). Aproveitamos esta última tempada para preparar cada detalle e ter todo a punto para a reapertura. Como sempre queremos ofrecerche unha alternativa de lecer divertida e segura, para que goces da sensación única de deslizarche sobre o xeo sen preocuparche por nada.

É o momento de empezar a moverse, retomar o ton muscular e practicar un deporte que se adapta a todos os niveis. Tanto se queres aprender coma se xa es experto ou experta, as nosas pistas están adaptadas para ofrecerche a mellor experiencia sobre xeo moi preto da túa casa. Practicando patinaxe mellorarás o teu equilibrio, coordinación, queimarás esas calorías que acumulaches durante o confinamento e, sobre todo, pasarascho en grande.

A nosa prioridade é seguir ofrecéndoche exactamente a mesma experiencia con todas as medidas de seguridade necesarias relacionadas co COVID. Antes de visitar o noso parque non te esquezas de revisar esta sección, na que tes toda a información necesaria para prepararche.
É hora de que todos nos poñamos en marcha, é hora de poñerse os patíns!

Lembra que podes facer o teu reserva en liña para grupos seguindo esta ligazón e non esquezas seguirnos en redes sociais.

 

 


Publicado

en

, ,

por

Etiquetas:

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Verificado por MonsterInsights