Vacacións de Semana Santa sobre Xeo

 en A Coruña, Novas, Santiago

Queremos que aproveites ao máximo as vacacións de Semana Santa. Por iso ampliamos o horario das nosas pistas nos centros de Santiago de Compostela (Área Central) e A Coruña ( Marineda). Coincidindo coas vacacións escolares ambas permanecerán abertas de forma ininterrompida desde as 11:00 da mañá ata as 21:30 horas da tarde.

Se buscas un plan para divertido e diferente para estes días non dubides en facernos unha visita. Estaremos encantados de recibirche xa sexa só, en parella, coa túa familia ou amigos adaptámonos ás túas necesidades. Iso si, con todas as medidas necesarias para que o goces de forma segura. Aproveita a oportunidade única de patinar nas nosas pistas de xeo natural en calquera das 14 sesións de 30 minutos que che ofrecemos. Consulta os nosos horarios e fai a túa reserva en liña xa para non quedarche sen sitio, as prazas son limitadas.

Tras unha tempada con pouca actividade non hai mellor forma que aproveitar as vacacións de Semana Santa para reactivarche realizando un deporte completo e que se adapta a todos os niveis. Tanto a pista de Santiago como a da Coruña están acondicionadas para que o pases en grande aprendendo a patinar, demostrando as túas habilidades ou simplemente deixándoche levar sobre o xeo.

Empieza a escribir y pulse Intro para buscar