Se estás a buscar unha alternativa de lecer sa, segura, divertida e perfecta para gozar en familia recomendámosche que nos visites nas nosas pistas de xeo en Santiago de Compostela (Área Central) e A Coruña ( Marineda).
A patinaxe sobre xeo é unha actividade que axuda aos máis novos a desenvolver o seu sentido do equilibrio, a motricidad grosa e a autonomía. Ademais en Invernalia contamos cun equipo de monitores expertos en lecer e deporte, que axudarán á túa familia para gozar ao máximo dunha experiencia única como é a patinaxe sobre xeo.
As nosas pistas de xeo natural están equipadas con todo o necesario para que pasedes unha fin de semana excepcional ou calquera outro día, consulta os nosos horarios. Se estás a pensar en que facer cos teus fillos dámosche unha pista, ti só debes traer as ganas e revisar a nosa sección Antes de vir…
Deja una respuesta